luns, 22 de outubro de 2018

ASÍ SON EU: GÚSTAME/ NON ME GUSTA

GÚSTAME:

     O verán, durmir, os animais, ir de compras, o chocolate, estar cos amigos de verán, o arroz con polo, ler, viaxar, París, o teatro, escoitar música, xogar con gatiños pequenos, a cor azul, as pulseiras, ver Operación Triunfo, as tatuaxes, pasear a miña cadela, ver videos en Youtube, pintarme as uñas, ir a praia, as lambetadas, facer sobremesas, o entroido, o cheiro de libros novos, a Nutella, o rally, os números 8,13 e 22, estar cos amigos, axudar, o chocolate quente en inverno, a música, sacar fotos, ir ao Mcdonals, os idiomas, a fin de ano, escribir historias, colorear, cantar, facer loucuras cos amigos, ver series, decorar obxectos, os chistes…

NON ME GUSTA:

     As operacións, a xente que se cre superior, a cor vermella, o maltrato, xogar ao fútbol, as verduras, a choiva, os luns, as matemáticas, as verduras, a morte, estar soa, que me "vacilen", as arañas, os dentistas, traballar baixo presión, os morcegos, que me desperten, as despedidas, as serpes, o sabor amargo, os libros rotos ou pintados, sentirme mal, que me fagan esperar moito tempo…